Capacitación
Axenda
No current events.
Formación sectorial
A formación sectorial recolle unha oferta formativa orientada especialmente aos colectivos do pequeno comercio, a hostalaría, os profesionais liberais e os empresarios autónomos relacionados co sector da construción.
Os cursos son de curta duración, cunha orientación práctica e específica para cada un dos colectivos destinatarios, están dirixidos a aqueles autónomos e profesionais independentes que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos relacionados co seu negocio.
Comercio | Hostalaría | Profesionais liberais | Construcción
Na axenda poderá ver o calendario de cursos convocados, a localidade onde se impartirán e o lugar de inscrición.
Publicidade para hostalaría
Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores da hostalaría.
Obxectivos:
Adquirir un coñecemento básico dos diferentes aspectos prácticos e teóricos da publicidade. Alcanzar unha formación suficiente que permita o deseño de campañas publicitarias. Analizar como actúa a publicidade nas relacións coas restantes variables do marketing. Adquirir unhas estratexias básicas e amplas que permitan a aplicación práctica das estratexias publicitarias no ámbito profesional.
Contidos:
1. Conceptos básicos de Publicidade.
2. Definición do mercado: - Segmentación de mercados; - Posicionamento.
3. O proceso de comunicación.
4. Instrumentos para a comunicación: - Publicidade; - Marketing directo; - Forza de vendas; - Promoción de vendas; - Relacións públicas; - Merchandising; - Determinación do presuposto total.
5. Determinación do Mix de Comunicación.
6. O concepto de campaña.
7. Valoración do impacto.
Duración: 4 horas
Comunicación empresarial: operativa de servizos
Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores da hostalaría.
Obxectivos:
Identificar as vantaxes competitivas nas empresas de servizos. Coñecer os factores que inciden na retención dos clientes. Xestionar adecuadamente a calidade nas empresas de servizos.
Contidos:
1. O sector servizos. Características xerais.
2. Diferenzas fundamentais entre produtos e servizos: - Visión tradicional; - Novo enfoque: Front stage e Back stage.
3. As relacións nos servizos: - O triángulo de servizos; - Como vender servizos; quen vende; - O valor para o cliente: A percepción e a expectativa.
4. Claves para alcanzar a calidade: - The fit: o axuste entre a proposición de servizo e o valor para o cliente; - O proceso do cambio.
Duración: 4 horas
Captación e fidelización de clientes
Dirixido a:
Autónomos, empresarios e traballadores da hostalaría.
Obxectivos:
Impulsar o desenvolvemento das actitudes e habilidades necesarias para prestar un servizo de calidade na empresa. Saber enfocar o servizo en función das características do cliente. Aprender as técnicas de trato personalizado con cada cliente. Comprender a importancia de manter os clientes fieis á empresa. Incorporar as ferramentas necesarias para a fidelización do cliente.
Contidos:
1. Introdución.
2. Prospección de clientes. Métodos.
3. Captación de clientes: - Estratexias de captación; - Plans de captación selectiva; - Asignación de recursos e canles; - O proceso de captación.
4. As sete P´s do posiciomamento: - Marketing Mix.
5. O proceso de venda: - Os primeiros momentos: Saúdo e recepción; - Indagación de necesidades; - Presentación de beneficios; - Reconfiguración da oferta; - Formalización do vínculo; - A fidelización.
6. A retención dos clientes.
Duración: 4 horas
Páxina 10 de 16






