Capacitación
Axenda
No current events.
Formación sectorial
A formación sectorial recolle unha oferta formativa orientada especialmente aos colectivos do pequeno comercio, a hostalaría, os profesionais liberais e os empresarios autónomos relacionados co sector da construción.
Os cursos son de curta duración, cunha orientación práctica e específica para cada un dos colectivos destinatarios, están dirixidos a aqueles autónomos e profesionais independentes que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos relacionados co seu negocio.
Comercio | Hostalaría | Profesionais liberais | Construcción
Na axenda poderá ver o calendario de cursos convocados, a localidade onde se impartirán e o lugar de inscrición.
Prevención de riscos na hostalaría
Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores da hostalaría.
Obxectivos:
Combater dun xeito activo a sinistralidade laboral. Integrar a prevención de riscos laborais nos sistemas de xestión das empresas comerciais. Dar a coñecer o marco normativo existente en materia de prevención de riscos laborais. Fomentar a actividade e a cultura preventiva entre os/as traballadores/as.
Contidos:
1. Introdución á lei de Prevención de Riscos Laborais: - O traballo e a saúde: os riscos profesionais. Factores de risco; - Danos derivados do traballo. Os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. Outras patoloxías derivadas do traballo; - Marco normativo básico en materia de prevención de riscos laborais; - Dereitos e deberes básicos nesta materia.
2. Riscos xerais e a súa prevención: - Riscos ligados ás condicións de seguridade; - Riscos ligados ao medioambiente de traballo; - A carga de traballo, a fatiga e a insatisfacción laboral; - Sistemas elementais de control de riscos. Protección colectiva e individual; - Plans de emerxencia e evacuación; - O control da saúde dos traballadores.
3. Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa.
4. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos: - Organismos públicos relacionados coa seguridade e saúde no traballo; - Organización do traballo preventivo: rutinas básicas; - Documentación: recollida, elaboración e arquivo.
5. Primeiros auxilios.
Duración: 4 horas
Diversificación da oferta
Dirixido a:
Empresarios, autónomos e empregados de hostalaría.
Obxectivos:
Coñecer os obxectivos e estratexias de diversificación de produtos e servizos na empresa.
Contidos:
1. Estratexias competitivas.
2. Diversificación concéntrica.
3. Diversificación horizontal.
4. Diversificación conglomerada.
Duración: 2 horas
A xestión do persoal na hostalaría
Dirixido a:
Autónomos, empresarios e traballadores da hostalaría.
Obxectivos:
Impulsar o desenvolvemento das actitudes e habilidades necesarias para xestionar eficazmente o capital humano da nosa organización. Coñecer os diferentes tipos de incentivos e a súa utilidade. Coñecer diferentes modelos organizativos do traballo.
Contidos:
1. Introdución: -Recursos tanxibles e intanxibles
2. Perfil profesional no sector da hostalería : -Contratación; -Selección de persoal
3. Estrutura organizativa; -Deseño estrutural; -Funcións básicas; -Planificación de RR.HH.; -Os estilos de dirección; -Tipos de estruturas organizativas; -Análise de postos de traballo; -Delegación de responsabilidades.
4. Servizos exteriores.
Duración: 2 horas
Páxina 9 de 16






