<<  Maio 2013  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
27282931  

Formación sectorial

A formación sectorial recolle unha oferta formativa orientada especialmente aos colectivos do pequeno comercio, a hostalaría, os profesionais liberais e os empresarios autónomos relacionados co sector da construción.
Os cursos son de curta duración, cunha orientación práctica e específica para cada un dos colectivos destinatarios, están dirixidos a aqueles autónomos e profesionais independentes que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos relacionados co seu negocio.

Comercio | Hostalaría | Profesionais liberais | Construcción
 

Na axenda poderá ver o calendario de cursos convocados, a localidade onde se impartirán e o lugar de inscrición.
 

Calidade hostaleira

Formación para hostalaría

 

 

Dirixido a:  
Autónomos, empresarios e traballadores de hostalaría.

 

Obxectivos:  
Mellora da calidade do servizo ofrecido aos clientes. Contribuír á fidelización dos clientes. Mellorar a xestión dos establecementos e as competencias profesionais. Profesionalización do sector. Diferenciación respecto aos competidores. Aumento da confianza dos clientes e consumidores.

 

Contidos: 
1. Como é o consumidor hoxe? 
2.  Como son os establecementos hostaleiros hoxe? - Papel dos establecementos.
3.  Por que é importante a calidade?; - Onde se percibe a calidade?; - Calidade no servizo; - Habilidades orientadas á calidade; -Custos da non calidade; - Calidade esperada vs calidade percibida.
4. Factores de calidade vinculados ao espazo de traballo; - Atributos do local; - Infraestruturas e instalacións; - Equipamentos; -Limpeza e mantemento; - Seguridade.
5.  Factores de calidade vinculados á prestación do servizo; - Profesionalidade do persoal; - Requisitos do persoal; - Xestión de RR.HH.; - Xestión de reservas; - Aprovisionamento; - Servizo en cociña; - Servizo en sala; - Facturación; - Consideracións medioambientais; - Comercialización.
6.  Por que son importantes estes factores?
7.  Modelos de excelencia - Ferrol Excelencia hostaleira EHO-5s.

 

Duración: 4 horas

 

 

 

As obrigas tributarias dun negocio de hostalaría

Formación para hostalaría

 

 

Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores da hostalaría.
 

Obxectivos:  
Contextualizar a empresa no sistema tributario español. Coñecer as diferentes obrigas tributarias existentes. Introdución de criterios decisionais para escoller as opcións legais máis convenientes para a organización.


Contidos:  
1.  Características, elementos e liquidación de impostos.
2.  Clasificación de impostos; a. Imposto sobre a renda das persoas físicas (I.R.P.F.); b. Imposto sobre sociedades (I.S.); c. Imposto sobre o valor engadido (I.V.E.); d. Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (I.T.P.A.X.D.); e. Imposto sobre actividades económicas (I.A.E.).
3.  Taxas.
4.  Contribucións especiais.

 

Duración: 2 horas

 

 

 

As obrigas fiscais dun negocio de hostalaría

Formación para hostalaría

 

 

Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores da hostalaría.
 

Obxectivos: 
Contextualizar a empresa no sistema fiscal español. Coñecer as diferentes obrigas fiscais existentes. Introdución de criterios decisionais para escoller as opcións legais máis convenientes para a organización.

 

Contidos:  
1. As obrigas fiscais en España.
2. O sistema fiscal Español: a. Administración estatal; b. Administración autonómica; c. Administración local.
3. Opcións fiscais nos negocios de hostalaría.
4. Criterios decisionais para hostalaría.

 

Duración: 2 horas

 

 

 

Páxina 7 de 16

Manuais do Autonómo

Información práctica para autónomos

Axudas e subvencións

Convocatorias de axudas e subvencións

Teléfono do autónomo

Teléfono do autónomoTeléfono de información
902 300 903

Mapa de asesoramento

 Directorio de entidades de asesoramento e apoio