Capacitación
Axenda
No current events.
Formación sectorial
A formación sectorial recolle unha oferta formativa orientada especialmente aos colectivos do pequeno comercio, a hostalaría, os profesionais liberais e os empresarios autónomos relacionados co sector da construción.
Os cursos son de curta duración, cunha orientación práctica e específica para cada un dos colectivos destinatarios, están dirixidos a aqueles autónomos e profesionais independentes que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos relacionados co seu negocio.
Comercio | Hostalaría | Profesionais liberais | Construcción
Na axenda poderá ver o calendario de cursos convocados, a localidade onde se impartirán e o lugar de inscrición.
Como exportar servizos
Dirixido a:
Autónomos, empresarios e traballadores da hostalaría.
Obxectivos:
Poñer de manifesto que os servizos tamén son susceptibles de ser exportados. Identificar aquelas peculiaridades que diferencian a exportación de servizos da exportación de mercadorías. Analizar as distintas modalidades de exportación de servizos.
Contidos:
1. Os servizos: tipos de servizos.
2. Comercio internacional de servizos. - Exportación de servizos vs Exportación de mercadorías.
3. Como exportar servizos. - Capacidades da empresa; Know – how; Catro formas de exportar servizos; Propiedade intelectual; Estratexias de marketing; Como identificar oportunidades de negocio; Investigación de mercados. Plan de marketing; -Ferramentas tecnolóxicas; Internet; Colaboración on line; E-Business; Outras ferramentas para o comercio.
4. Os servizos nos acordos internacionais.
Duración: 2 horas
Boas prácticas ambientais na hostalaría
Dirixido a:
Autónomos, empresarios e traballadores da hostalaría.
Obxectivos:
Promover o coñecemento e a práctica de medidas medioambientais. Mellorar a sostibilidade ambiental da empresa hostaleira. Compatibilizar o desenvolvemento económico e o respecto medioambiente da actividade hostaleira.
Contidos:
1. Introdución: - Medioambiente; - Sostibilidade; - A pegada ecolóxica; - O cambio climático.
2. Recursos materiais utilizados na hostalaría.
3. Residuos que se xeran na hostalaría.
4. Principais aspectos ambientais no sector hostaleiro.
5. A xestión enerxética.
6. Boas prácticas.
7. Símbolos, webs de interese e lexislación.
Duración: 2 horas
Satisfacción dos clientes dos servizos turísticos
Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores da hostalaría.
Obxectivos:
Impulsar o desenvolvemento das actitudes e habilidades necesarias para prestar un servizo de calidade na empresa. Saber enfocar o servizo en función das características do cliente. Comprender a importancia de manter aos clientes satisfeitos. Incorporar ferramentas necesarias para a medición da satisfacción dos clientes.
Contidos:
1. O cliente. Tipoloxía
2. Expectativas, conformidade e satisfacción
3. Utilidades da medición da satisfacción
4. Incidentes críticos. Indicadores
5. Técnicas e ferramentas de medición
6. Elaboración de cuestionarios e análise de datos
Duración: 2 horas
Páxina 6 de 16






