<<  Xuño 2013  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
       1  2
  3  4  5  6  7  8  9
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Axenda

No current events.

Formación sectorial

A formación sectorial recolle unha oferta formativa orientada especialmente aos colectivos do pequeno comercio, a hostalaría, os profesionais liberais e os empresarios autónomos relacionados co sector da construción.
Os cursos son de curta duración, cunha orientación práctica e específica para cada un dos colectivos destinatarios, están dirixidos a aqueles autónomos e profesionais independentes que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos relacionados co seu negocio.

Comercio | Hostalaría | Profesionais liberais | Construcción
 

Na axenda poderá ver o calendario de cursos convocados, a localidade onde se impartirán e o lugar de inscrición.
 

A diversificación como medio para aumentar as vendas

Formación para profesionais liberais

 

 

Dirixido a: 
Profesionais liberais. 
 

Obxectivos:
Coñecer os obxectivos e estratexias de diversificación de produtos do autónomo.
 

Contidos:
1. Estratexias competitivas.
2. Diversificación concéntrica.
3. Diversificación horizontal.
4. Diversificación conglomerada.
 

Duración: 4 horas

 

 

Como vender servizos profesionais

Formación para profesionais liberais

 

 

Dirixido a: 
Profesionais liberais. 
 

Obxectivos:
Identificar os aspectos que diferencian un produto dun servizo profesional. Clasificar os distintos tipos de servizos profesionais. Coñecer as características principais dunha empresa de servizos profesionais. Identificar os puntos de actuación para unha mellora do servizo profesional. Identificar elementos que poden orixinar a perda de clientes. Coñecer as características do marketing relacional. Coñecer as claves para promocionar os servizos en internet.
 

Contidos: 
1. O servizo.
2. A empresa de servizos.
3. O Back office e o Front office.
4. O marketing relacional.
5. A calidade a as TICs.
6. Internet, Banner e a Web 2.0.
 

Duración: 2 horas

 

 

Consolidación empresarial para hostalaría

Formación para hostalaría

 

 

Dirixido a: 
Autónomos da hostalaría.
 

Obxectivos:
Mellorar os coñecementos e aptitudes en xestión empresarial.
 

Contidos:
1. O plano de mellora.
2. Diagnose de situación da empresa.
3. A empresa: Fin e Misión.
4. Contexto Sectorial.
5. Análise DAFO.
6. Estrutura da actividade.
7. Análise Competitivo: - Competidores; - Produtos substitutivos; - Clientes; - Provedores.
8. Marketing Mix: - Produto; - Prezo; - Distribución; - Promoción.
9. Recursos Humanos; - Perfil Profesional; - Estrutura Organizativa; - Servizos Exteriores; - Normativa.
10. Análise económico: - O Plano de Investimentos; - Primeira aproximación ás Fontes de Financiamento; - As Previsións de Vendas; - As Previsións de Custos; - A Conta de Resultados; - O Punto de Equilibrio; - A Viabilidade Económica do Proxecto de Empresa.
11. Análise financeiro: - O equilibrio financeiro na empresa: O Balance de Situación; - A política de circulante; A estrutura financeira; - A Solvencia Financeira a Curto Prazo: A Tesourería; - Fontes de financiamento; - A rendibilidade da empresa.
12. A calidade hostaleira.
 

Duración: 20 horas

 

 

Páxina 5 de 16

Manuais do Autonómo

Información práctica para autónomos

Axudas e subvencións

Convocatorias de axudas e subvencións

Teléfono do autónomo

Teléfono do autónomoTeléfono de información
902 300 903

Mapa de asesoramento

 Directorio de entidades de asesoramento e apoio