Capacitación
Axenda
No current events.
Formación sectorial
A formación sectorial recolle unha oferta formativa orientada especialmente aos colectivos do pequeno comercio, a hostalaría, os profesionais liberais e os empresarios autónomos relacionados co sector da construción.
Os cursos son de curta duración, cunha orientación práctica e específica para cada un dos colectivos destinatarios, están dirixidos a aqueles autónomos e profesionais independentes que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos relacionados co seu negocio.
Comercio | Hostalaría | Profesionais liberais | Construcción
Na axenda poderá ver o calendario de cursos convocados, a localidade onde se impartirán e o lugar de inscrición.
Como facer un estudio de mercado
Formación para o sector da construción
Dirixido a:
Autónomos da construción.
Obxectivos:
Coñecer a importancia e os pasos a seguir para a realización dun estudio de mercado dunha empresa de obras e reformas. Explicar as vantaxes e desvantaxes das principais fontes de información co fin de que o autónomo identifique as máis axeitadas ás súas necesidades.
Contidos:
1. Introdución ao estudio de mercado.
2. Fases dun estudio de mercado.
3. Presentación dun estudio de mercado.
4. Fontes de información primarias; - Grupo de discusión; - Entrevista en profundidade; - Observación directa; - Técnica do cliente misterioso; - Enquisa.
5. Fontes de información secundarias; - Internas; - Externas.
Duración: 4 horas
Elaboración de orzamentos e ofertas comerciais
Formación para o sector da construción
Dirixido a:
Autónomos da construción.
Obxectivos:
Identificar os principais compoñentes das ofertas comerciais. Comprender os custos e aprender a calcular o custo real para poder fixar prezos reais e adecuados ao mercado do produto. Dar unhas pautas para a elaboración dun orzamento.
Contidos:
1. As ofertas comerciais: - Descrición do produto; - Cantidades; - Prezo; - Condicións da oferta: entrega e pago; - Prazo de entrega.
2. Os custos: - Clasificacións dos custos; - Cálculo da rendibilidade dun produto ou servizo en base aos custos; - A fixación de prezos; - Factores condicionantes dos custos.
3. Os orzamentos; - Diferenza do orzamento co albará e a factura; - Orzamentos abertos e pechados.
Duración: 4 horas
A diversificación como medio para aumentar as vendas
Formación para o sector da construción
Dirixido a:
Autónomos da construción.
Obxectivos:
Coñecer os obxectivos e estratexias de diversificación de produtos do autónomo.
Contidos:
1. Estratexias competitivas.
2. Diversificación concéntrica.
3. Diversificación horizontal.
4. Diversificación conglomerada.
Duración: 4 horas
Páxina 2 de 16






