<<  Xuño 2012  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 

Axenda

No current events.

Formación sectorial

A formación sectorial recolle unha oferta formativa orientada especialmente aos colectivos do pequeno comercio, a hostalaría, os profesionais liberais e os empresarios autónomos relacionados co sector da construción.
Os cursos son de curta duración, cunha orientación práctica e específica para cada un dos colectivos destinatarios, están dirixidos a aqueles autónomos e profesionais independentes que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos relacionados co seu negocio.

Comercio | Hostalaría | Profesionais liberais | Construcción
 

Na axenda poderá ver o calendario de cursos convocados, a localidade onde se impartirán e o lugar de inscrición.
 

Publicidade para hostalaría

Formación para hostalaría

 

 

Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores da hostalaría.

 

Obxectivos: 
Adquirir un coñecemento básico dos diferentes aspectos prácticos e teóricos da publicidade. Alcanzar unha formación suficiente que permita o deseño de campañas publicitarias. Analizar como actúa a publicidade nas relacións coas restantes variables do marketing. Adquirir unhas estratexias básicas e amplas que permitan a aplicación práctica das estratexias publicitarias no ámbito profesional.


Contidos: 
1.  Conceptos básicos de Publicidade.
2.  Definición do mercado: - Segmentación de mercados; - Posicionamento.
3.  O proceso de comunicación.
4.  Instrumentos para a comunicación: - Publicidade; - Marketing directo; - Forza de vendas; - Promoción de vendas; - Relacións públicas; - Merchandising; - Determinación do presuposto total.
5.  Determinación do Mix de Comunicación.
6.  O concepto de campaña.
7.  Valoración do impacto.

 

Duración: 4 horas

 

 

 

Comunicación empresarial: operativa de servizos

Formación para hostalaría

 

 

Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores da hostalaría.
 

Obxectivos: 
Identificar as vantaxes competitivas nas empresas de servizos. Coñecer os factores que inciden na retención dos clientes. Xestionar adecuadamente a calidade nas empresas de servizos.

 

Contidos: 
1.  O sector servizos. Características xerais.
2.  Diferenzas fundamentais entre produtos e servizos: - Visión tradicional; - Novo enfoque: Front stage e Back stage.
3.  As relacións nos servizos: - O triángulo de servizos; - Como vender servizos; quen vende; - O valor para o cliente: A percepción e a expectativa.
4.  Claves para alcanzar a calidade: - The fit: o axuste entre a proposición de servizo e o valor para o cliente; - O proceso do cambio.

 

Duración: 4 horas

 

 

 

Captación e fidelización de clientes

Formación para hostalaría

 

 

Dirixido a:
Autónomos, empresarios e traballadores da hostalaría.
 

Obxectivos: 
Impulsar o desenvolvemento das actitudes e habilidades necesarias para prestar un servizo de calidade na empresa. Saber enfocar o servizo en función das características do cliente. Aprender as técnicas de trato personalizado con cada cliente. Comprender a importancia de manter os clientes fieis á empresa. Incorporar as ferramentas necesarias para a fidelización do cliente.

 

Contidos: 
1.  Introdución.
2.  Prospección de clientes. Métodos.
3.  Captación de clientes: - Estratexias de captación; - Plans de captación selectiva; - Asignación de recursos e canles; - O proceso de captación.
4.  As sete P´s do posiciomamento: - Marketing Mix.
5.  O proceso de venda: - Os primeiros momentos: Saúdo e recepción; - Indagación de necesidades; - Presentación de beneficios; - Reconfiguración da oferta; - Formalización do vínculo; - A fidelización.
6.  A retención dos clientes.

 

Duración: 4 horas

 

 

 

Páxina 10 de 16

Manuais do Autonómo

Información práctica para autónomos

Axudas e subvencións

Convocatorias de axudas e subvencións

Teléfono do autónomo

Teléfono do autónomoTeléfono de información
902 300 903

Mapa de asesoramento

 Directorio de entidades de asesoramento e apoio