<<  Xuño 2012  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 

Axenda

No current events.

Formación sectorial

A formación sectorial recolle unha oferta formativa orientada especialmente aos colectivos do pequeno comercio, a hostalaría, os profesionais liberais e os empresarios autónomos relacionados co sector da construción.
Os cursos son de curta duración, cunha orientación práctica e específica para cada un dos colectivos destinatarios, están dirixidos a aqueles autónomos e profesionais independentes que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos relacionados co seu negocio.

Comercio | Hostalaría | Profesionais liberais | Construcción
 

Na axenda poderá ver o calendario de cursos convocados, a localidade onde se impartirán e o lugar de inscrición.
 

Como exportar servizos

Formación para hostalaría

 

 

Dirixido a: 
Autónomos, empresarios e traballadores da hostalaría.

 

Obxectivos:  
Poñer de manifesto que os servizos tamén son susceptibles de ser exportados. Identificar aquelas peculiaridades que diferencian a exportación de servizos da exportación de mercadorías. Analizar as distintas modalidades de exportación de servizos.

 

Contidos:
1.  Os servizos: tipos de servizos.
2.  Comercio internacional de servizos.  - Exportación de servizos vs Exportación de mercadorías.
3.  Como exportar servizos.  - Capacidades da empresa; Know – how; Catro formas de exportar servizos; Propiedade intelectual; Estratexias de marketing; Como identificar oportunidades de negocio; Investigación de mercados. Plan de marketing; -Ferramentas tecnolóxicas; Internet; Colaboración on line; E-Business; Outras ferramentas para o comercio.
4. Os servizos nos acordos internacionais.

 

Duración: 2 horas

 

 

Boas prácticas ambientais na hostalaría

Formación para hostalaría

 

 

Dirixido a: 
Autónomos, empresarios e traballadores da hostalaría.

 

Obxectivos:  
Promover o coñecemento e a práctica de medidas medioambientais. Mellorar a sostibilidade ambiental da empresa hostaleira. Compatibilizar o desenvolvemento económico e o respecto medioambiente da actividade hostaleira.

 

Contidos:
1. Introdución: - Medioambiente;  - Sostibilidade;  - A pegada ecolóxica;  - O cambio climático.
2. Recursos materiais utilizados na hostalaría.
3. Residuos que se xeran na hostalaría.
4. Principais aspectos ambientais no sector hostaleiro.
5. A xestión enerxética.
6. Boas prácticas.
7. Símbolos, webs de interese e lexislación.

 

Duración: 2 horas

 

 

Satisfacción dos clientes dos servizos turísticos

Formación para hostalaría

 

 

Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores da hostalaría. 

 

Obxectivos: 
Impulsar o desenvolvemento das actitudes e habilidades necesarias para prestar un servizo de calidade na empresa. Saber enfocar o servizo en función das características do cliente. Comprender a importancia de manter aos clientes satisfeitos. Incorporar ferramentas necesarias para a medición da satisfacción dos clientes.

 

Contidos: 
1. O cliente. Tipoloxía
2.  Expectativas, conformidade e satisfacción
3.  Utilidades da medición da satisfacción
4.  Incidentes críticos. Indicadores
5.  Técnicas e ferramentas de medición
6.  Elaboración de cuestionarios e análise de datos

 

Duración: 2 horas

 

 

 

Páxina 6 de 16

Manuais do Autonómo

Información práctica para autónomos

Axudas e subvencións

Convocatorias de axudas e subvencións

Teléfono do autónomo

Teléfono do autónomoTeléfono de información
902 300 903

Mapa de asesoramento

 Directorio de entidades de asesoramento e apoio