Capacitación
Axenda
Formación xenérica
Os cursos, de breve duración e cunha orientación práctica, están orientados a autónomos e profesionais independentes que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos relacionados co seu negocio como a dirección e organización, a xestión económica, a fiscalidade, o mercado e o seu estudo e a comercialización e captación de clientes.
Comercialización | Dirección e organización | Fiscalidade | Mercado | Xestión económica
Na axenda poderá ver o calendario de cursos convocados, a localidade onde se impartirán e o lugar de inscrición.
Diversificación de produtos e servizos
Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores das pemes.
Obxectivos:
Coñecer os obxectivos e estratexias da diversificación de produtos na empresa.
Contidos:
1. Estratexias competitivas.
2. Diversificación concéntrica.
3. Diversificación horizontal.
4. Diversificación conglomerada.
Duración: 4 horas
Elaboración de orzamentos e ofertas comerciais
Xestión económica e financeira
Dirixido a:
Autónomos
Obxectivos:
Identificar os principais compoñentes das ofertas comerciais dunha empresa de obras e reformas. Comprender os custos e aprender a calcular o custo real para poder fixar prezos reais e adecuados ao mercado das obras e reformas. Dar unhas pautas para a elaboración dun orzamento.
Contidos:
1. As ofertas comerciais dunha empresa de obras e reformas: - Descrición do produto; - Cantidades; - Condicións da oferta: entrega e pago; - Prazo de entrega.
2. Os custos nunha empresa de obras e reformas: - Clasificacións dos custos; - Cálculo da rendibilidade dun produto ou servizo en base aos custos; - A fixación de prezos; - Factores condicionantes dos custos.
3. Os orzamentos: - Diferenza do orzamento co albará e a factura; - Orzamentos abertos e pechados.
Duración: 4 horas
Internet como instrumento para a investigación de mercados e a comercialización
Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores das pemes.
Obxectivos:
Capacitar ao alumnado para analizar e valorar a conveniencia de desenvolver un negocio en internet. Realizar un diagnóstico do seu posicionamento actual e coñecer todas as medidas necesarias para situar a súa empresa en internet. Deseñar a estratexia de venda máis adecuada para cada alumno/a, en función da tipoloxía de produto. Diferenciarse da competencia.
Contidos:
1. Fundamentos do comercio electrónico.
2. Tipos de comercio electrónico: B2B, B2C, B2A.
3. Funcionamento do comercio electrónico.
4. Empresas e usuarios na rede. Os mellores.
5. DAFO do comercio electrónico na empresa.
6. Vantaxes e inconvenientes.
7. O novo marco para os conflitos no canal.
8. O asociacionismo.
9. Negocios na rede.
10. Os modelos de negocio a seguir: Convivencia do modelo dixital co modelo existente; O modelo de negocio independente.
O Plan de Negocio.
11. Antecedentes do negocio.
12. O produto.
13. O Mercado.
14. Aspectos técnicos.
15. Servidores.
16. Seguridade.
17. Investimento necesario.
18. Planificación da posta en marcha.
19. Estudo económico-financeiro.
Duración: 6 horas
Páxina 6 de 12






