Capacitación
Axenda
Formación para profesionais liberais
Captación e fidelización de clientes
Formación sectorial - Formación para profesionais liberais
Dirixido a:
Profesionais liberais.
Obxectivos:
Impulsar o desenvolvemento das actitudes e habilidades necesarias para prestar un servizo de calidade na empresa. Saber enfocar o servizo en función das características do cliente. Aprender as técnicas de trato personalizado con cada cliente. Comprender a importancia de manter os clientes fieis á empresa. Incorporar as ferramentas necesarias para a fidelización do cliente.
Contidos:
1. Introdución.
2. Prospección de clientes. Métodos.
3. Captación de clientes: - Estratexias de captación; - Plans de captación selectiva; - Asignación de recursos e canles; - O proceso de captación.
4. As sete P´s do posiciomamento: - Marketing Mix.
5. O proceso de venda: - Os primeiros momentos: Saúdo e recepción; - Indagación de necesidades; - Presentación de beneficios; - Reconfiguración da oferta; - Formalización do vínculo; - A fidelización.
6. A retención dos clientes.
Duración: 4 horas
Elaboración de orzamentos e ofertas comerciais
Formación sectorial - Formación para profesionais liberais
Dirixido a:
Profesionais liberais.
Obxectivos:
Identificar os principais compoñentes das ofertas comerciais. Comprender os custos e aprender a calcular o custo real para poder fixar prezos reais e adecuados ao mercado do produto. Dar unhas pautas para a elaboración dun orzamento.
Contidos:
1. As ofertas comerciais: - Descrición do produto; - Cantidades; - Prezo; - Condicións da oferta: entrega e pago; - Prazo de entrega.
2. Os custos: - Clasificacións dos custos; - Cálculo da rendibilidade dun produto ou servizo en base aos custos; - A fixación de prezos; - Factores condicionantes dos custos.
3. Os orzamentos; - Diferenza do orzamento co albará e a factura; - Orzamentos abertos e pechados.
Duración: 4 horas
Como utilizar internet no meu negocio
Formación sectorial - Formación para profesionais liberais
Dirixido a:
Profesionais liberais.
Obxectivos:
Mostrar aos autónomos das obras e servizos os beneficios que lles pode proporcionar internet. Coñecer o uso que pode facerse de internet para publicitarse, comunicarse cara ao exterior, facer uso do comercio electrónico, etc.
Contidos:
1. O autónomo e internet.
2. A creación de páxinas web: - Misión da páxina web; - Deseño, hosting e dominios; - Publicación e actualización da páxina web; - Promoción do meu sitio web.
3. A venda por internet: - Creación dunha tenda virtual; - Medios de pagamento e seguridade nas transaccións.
4. Implicacións xurídicas de internet para a empresa.
Duración: 4 horas
Páxina 1 de 3






