Asesoramento
Asesoramento
Neste apartado da Web preséntanse diferentes medios para atopar asesoramento e orientación sobre as cuestións e dúbidas máis habituais do autónomo.
Cómpre destacar as dúas alternativas de asesoramento sobre axudas e subvencións, que poderán ser consultadas directamente polo usuario na Base de Axudas e Subvencións, ou ben a través da liña 902 300 903.
Ponse tamén á disposición dos autónomos un servizo de consultas on-line, na que técnicos das entidades colaboradoras darán resposta ás cuestións que sexan plantexadas. Este servizo de consultas non vai orientado a substituir o papel do asesor ou do consultor habitual do autónomo, que é quen dispón de toda a información para dar unha resposta axeitada ás circunstancias persoais do interesado.
Por último, facilítase un buscador de entidades que prestan apoio aos autónomos.






