<<  Maio 2013  >>
 Lu  Ma  Mé  Xo  Ve  Sá  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
27282931  

Prevención de riscos na hostalaría

Formación sectorial - Formación para hostalaría

 

 

Dirixido a:
Autónomos, xerentes e traballadores da hostalaría.
 

Obxectivos: 
Combater dun xeito activo a sinistralidade laboral. Integrar a prevención de riscos laborais nos sistemas de xestión das empresas comerciais. Dar a coñecer o marco normativo existente en materia de prevención de riscos laborais. Fomentar a actividade e a cultura preventiva entre os/as traballadores/as.

 

Contidos:   
1. Introdución á lei de Prevención de Riscos Laborais:  - O traballo e a saúde: os riscos profesionais. Factores de risco; - Danos derivados do traballo. Os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. Outras patoloxías derivadas do traballo; - Marco normativo básico en materia de prevención de riscos laborais; - Dereitos e deberes básicos nesta materia.
2. Riscos xerais e a súa prevención: - Riscos ligados ás condicións de seguridade; - Riscos ligados ao medioambiente de traballo; - A carga de traballo, a fatiga e a insatisfacción laboral; - Sistemas elementais de control de riscos. Protección colectiva e individual; - Plans de emerxencia e evacuación; - O control da saúde dos traballadores.
3. Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa.
4. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos: - Organismos públicos relacionados coa seguridade e saúde no traballo; - Organización do traballo preventivo: rutinas básicas; - Documentación: recollida, elaboración e arquivo.
5. Primeiros auxilios.

 

Duración: 4 horas

 

 

Manuais do Autonómo

Información práctica para autónomos

Axudas e subvencións

Convocatorias de axudas e subvencións

Teléfono do autónomo

Teléfono do autónomoTeléfono de información
902 300 903

Mapa de asesoramento

 Directorio de entidades de asesoramento e apoio